Thursday 02 de May de 2024

O mundo pictórico Abstracto de Ángeles Sanjurjo abre ao público na Pobra


Novo mes, nova exposición na casa da cultura Raquel Fernández Soler. As pinturas de Ángeles Sanjurjo López integran a mostra Abstracto, que poderá visitarse na dita dependencia municipal da Pobra do Caramiñal.

A apertura terá lugar no 9 de xuño, ás 20.00 horas, nun acto organizado pola Concellaría da Cultura.

A artista nacida na Coruña estudou Belas Artes, en Valencia, para dedicarse á ensinanza, sen nunca renunciar a seguir pintando. Deste xeito nace unha serie de cadros nos cales a arte abstracta é o vehículo de expresión a través de distintas técnicas como a acuarela, a tinta chinesa, a acrílica ou o colaxe.